Este ano, a homenaxeada o días das letras é María Victoria Moreno.
Muller, mestra, comprometida coa nosa lingua, amante e fomentadora da
lectura, unha das primeiras escritoras de literatura infantil e xuvenil en
galego… son moitos os eidos que nos poden a dar pé a abordala dende a aula.
Independentemente do que en cada titoría se decida traballar e das
propostas do resto de equipos, dende a biblioteca e TIC’s facemos as seguintes,
artelladas ao redor de tres eixos e en colaboración coa biblioteca do CPI de
Cuntis.
MVM e o compromiso coa lingua. Extremeña de nacemento, coñeceu a nosa lingua xa sendo adulta e, como ela mesma dixo,
MVM e a lectura. Mestra apaixonada polo seu traballo e libreira altruista, transmitiu a súa paixón pola lectura alá por onde foi.
MVM e o compromiso coa lingua. Extremeña de nacemento, coñeceu a nosa lingua xa sendo adulta e, como ela mesma dixo,
"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”MVM e o amor polos animais. O seu sentimento polos animais, nomeadamente polos cans e cadelas, reflíctese continuamente nas súas obras, moitas delas protagonizadas por bicherío.
MVM e a lectura. Mestra apaixonada polo seu traballo e libreira altruista, transmitiu a súa paixón pola lectura alá por onde foi.
ACTIVIDADES
PROPOSTAS
MVM en Vilariño.
A autora visitou o noso centro, proba diso é que temos un libro autografado. Pero, cando? Como foi a visita? De que falou?
Podemos investígalo preguntando ás familias e a exprofes que poideron vivilo ou lembralo e logo facer unha crónica daquela visita (incluso pode que haxa fotos na famosa memoria externa).
Poremos un panel onde facer común os achádegos e logo en aula escribiremos a crónica.
A autora visitou o noso centro, proba diso é que temos un libro autografado. Pero, cando? Como foi a visita? De que falou?
Podemos investígalo preguntando ás familias e a exprofes que poideron vivilo ou lembralo e logo facer unha crónica daquela visita (incluso pode que haxa fotos na famosa memoria externa).
Poremos un panel onde facer común os achádegos e logo en aula escribiremos a crónica.
![]() |
Adicatoria manuscrita e asinada por María Victoria Moreno nun exemplar de "Leonardo e os Fontaneiros" |
Recopilaremos os libros da biblio, faremos unha exposición, invitaremos a lelos e xogaremos a relacionar fotos dos animais co libro que protagonizan.
Visita ao refuxio de animais de Cambados.
- Vídeo "Maria Victoria Moreno, galega por amor". Concello de Pontevedra
- Xogo sobre a súa biografía. Espazo Abalar
![]() |
Escolma de libros do catálogo da biblio protagonizados por animais (na foto os de primeir@s lector@s) |
MVM era unha concienciada defensora dos dereitos dos animais, na súa honra visitaremos o refuxio e aprenderemos sobre o labor que alí desenvolven e o coidado e trato digno que debemos dispensar aos nosos compañeiros peludos.
Obradoiro de estampado de bolsas.
Partindo da famosa frase de MVM,
“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”,
proporemos ao alumnado que escriba unha frase sobre o que significa o galego para elas/es para logo estampala con rotulador textil, xunto coa de MVM, nunha bolsa que levarán de agasallo por parte da biblio e o equipo de dinamización linguïsitica.
Certame de caligramas .
(Verso ou composición poética en que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema. Fonte: diccionario RAG).
O caligrama é un tipo de texto literario e artístico que nunca empregamos
en actividades comúns no cole por iso a proposta é que o alumnado os compoñapoñéndose na pel do seu animal de
compaña máis querido, (É dicir, que a/o nena/o será a/o escritor/a, pero a/o
narrador/a en primeira persoa será o animal).
E se non o ten… que o imaxine.
RECURSOS E MATERIAIS
Sobre MVM
Na biblioteca
o
Biografías:
o Obra:
Na rede:
- Blog da biblioteca
- Web "A primavera das letras"
- Blog da biblioteca
- Web "A primavera das letras"
![]() |
- Biografía con pictogramas
![]() |
![]() |
![]() |
- Telexornal das Letras Galegas, do CPI dos Dices, de Rois.
![]() |
- Miscelánea de actividades ao redor da obra.
![]() | |
|
- Audiolibro de Leonardo e os fontaneiros
Para o certame de caligramas
Na biblioteca atoparedes unha escolma de libros de poesía e prosa protagonizados por animais. Como estas dúas novidades.