luns, 14 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018. MARÍA VICTORIA MORENO


Este ano, a homenaxeada o días das letras é María Victoria Moreno.
Muller, mestra, comprometida coa nosa lingua, amante e fomentadora da lectura, unha das primeiras escritoras de literatura infantil e xuvenil en galego… son moitos os eidos que nos poden a dar pé a abordala dende a aula.
Independentemente do que en cada titoría se decida traballar e das propostas do resto de equipos, dende a biblioteca e TIC’s facemos as seguintes, artelladas ao redor de tres eixos e en colaboración coa biblioteca do CPI de Cuntis.

MVM e o compromiso coa lingua. Extremeña de nacemento, coñeceu a nosa lingua xa sendo adulta e, como ela mesma dixo, 
"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”
MVM e o amor polos animais. O seu sentimento polos animais, nomeadamente polos cans e cadelas, reflíctese continuamente nas súas obras, moitas delas protagonizadas por bicherío.

MVM e a lectura. Mestra apaixonada polo seu traballo e libreira altruista, transmitiu a súa paixón pola lectura alá por onde foi.

ACTIVIDADES PROPOSTAS
MVM en Vilariño

A autora visitou o noso centro, proba diso é que temos un  libro autografado. Pero, cando? Como foi a visita? De que falou? 

Podemos investígalo preguntando ás familias e a exprofes que poideron vivilo ou lembralo e logo facer unha crónica daquela visita (incluso pode que haxa fotos na famosa memoria externa). 

Poremos un panel onde facer común os achádegos e logo en aula escribiremos a crónica.

Adicatoria manuscrita e asinada por María Victoria Moreno nun exemplar de "Leonardo e os Fontaneiros"
Exposición/xogo de libros protagonizados por animais

Recopilaremos os libros da biblio, faremos unha exposición, invitaremos a lelos e xogaremos a relacionar fotos dos animais co libro que protagonizan.

Escolma de libros do catálogo da biblio protagonizados por animais (na foto os de primeir@s lector@s)

Visita ao refuxio de animais de Cambados. 

MVM era unha concienciada defensora dos dereitos dos animais, na súa honra visitaremos o refuxio e aprenderemos sobre o labor que alí desenvolven e o coidado e trato digno que debemos dispensar aos nosos compañeiros peludos.

Obradoiro de estampado de bolsas. 
Partindo da famosa frase de MVM, 
A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, 
proporemos ao alumnado que escriba unha frase sobre o que significa o galego para elas/es para logo estampala con rotulador textil, xunto coa de MVM,  nunha bolsa que levarán de agasallo por parte da biblio e o equipo de dinamización linguïsitica.

Certame de caligramas .
(Verso ou composición poética en que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema. Fonte: diccionario RAG).


O caligrama é un tipo de texto literario e artístico que nunca empregamos en actividades comúns no cole por iso a proposta é que o alumnado os compoñapoñéndose na pel do seu animal de compaña máis querido, (É dicir, que a/o nena/o será a/o escritor/a, pero a/o narrador/a en primeira persoa será o animal).

E se non o ten… que o imaxine.


RECURSOS E MATERIAIS

Sobre MVM
Na biblioteca
o   Biografías:

o   Obra:
Na rede:
- Blog da biblioteca
- Web "A primavera das letras"
- Biografía con pictogramas
- Vídeo "Maria Victoria Moreno, galega por amor". Concello de Pontevedra

Xogo sobre a súa biografía. Espazo Abalar


- Telexornal das Letras Galegas, do CPI dos Dices, de Rois.

Miscelánea de actividades ao redor da obra.
https://patrifulca.wixsite.com/letras18

- Audiolibro de Leonardo e os fontaneiros



Para o certame de caligramas 



Na biblioteca atoparedes unha escolma de libros de poesía e prosa protagonizados por animais. Como estas dúas novidades.





LETRAS GALEGAS 2018. MARÍA VICTORIA MORENO

Este ano, a homenaxeada o días das letras é María Victoria Moreno . Muller, mestra, comprometida coa nosa lingua, amante e fomentado...